A rapazada do CPI Orza Couto de Boqueixón comparte experiencias con catro prestixiosas deportistas galegas para eliminar estereotipos
Animaron ás rapazas a non deixar a práctica deportiva ao chegar ao Bacharelato, momento no que se atopan as taxas máis altas de abandono O CPI Orza Couto acolleu “Deporte: Igualdade de xénero”, un encontro da rapazada con mulleres deportistas de éxito que serviu para poñer en valor a importancia de rachar con prexuízos sexistas …